Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

A Asociación Boirense de Empresas impulsa o emprego e o emprendemento local coa súa participación na Feira de Emprego de Boiro 2025

 

Boiro, 12 de maio de 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) reforza o seu compromiso co desenvolvemento económico e social da comarca participando de forma destacada na Feira de Emprego de Boiro 2025, que se celebrará os días 14 e 15 de maio, no viveiro de empresas de Boiro.

Con 208 empresas asociadas, a ABE representa unha parte esencial do tecido económico local, contribuíndo de maneira significativa á creación e mantemento do emprego privado no municipio.

Mesa redonda: "Creando o Mañá"

Entre as accións promovidas pola ABE, destaca a organización da mesa redonda "Creando o Mañá: Como Converterte no Propietario da Túa Empresa", que terá lugar o xoves 15 de maio ás 12:30 horas no Viveiro de Empresas de Boiro.

Esta actividade será unha oportunidade para coñecer, en primeira persoa, as historias reais de emprendemento que agroman en Boiro, tanto dende o ámbito da tradición empresarial como dende a innovación e a creatividade individual.

Participarán catro empresas asociadas á ABE, que exemplifican diferentes modelos de negocio e traxectorias:

  • Carla Madrid Cakes and Macarons: emprendemento persoal e creativo centrado na repostería de autor.
  • Logística Sueiro Trans S.L.: exemplo de empresa familiar en terceira xeración, especializada en transporte loxístico.
  • Asteleiros Triñanes Domínguez S.L.: firma de longa traxectoria no sector naval, combinando tradición artesanal e innovación técnica.
  • Daniel García, propietario de Baldani Concept Store e presidente da ABE, que achegará unha visión global do panorama empresarial de Boiro.

A mesa estará moderada por Tomás Estévez, xerente da ABE, quen guiará unha conversa dinámica e próxima co obxectivo é ofrecer claves reais e inspiradoras sobre como emprender, afrontar retos e consolidar negocios no ámbito local.

A actividade está dirixida a persoas emprendedoras, estudantes de ciclos formativos, universitarios, profesionais e tamén a empresarios e empresarias, que poden atopar nesta cita inspiración e ideas útiles para os seus proxectos. Convidamos especialmente aos socios e socias da ABE a participar e compartir este espazo de encontro empresarial e networking local.

A colaboración da ABE coa Feira de Emprego

Ademais da mesa redonda, a ABE colabora activamente coa Feira de Emprego mediante accións concretas de apoio:

  • Entrega de 200 bolsas de algodón orgánico como agasallo para os asistentes.
  • Patrocinio dun premio de 100 € en Bonos ABE, que se sorteará na clausura da feira para incentivar o consumo no comercio local.

As empresas asociadas poden enviar as súas ofertas de emprego

Como valor engadido, todas as empresas asociadas á ABE teñen a posibilidade de enviar as súas ofertas de emprego ao enderezo emprego@boiro.gal. Estas ofertas serán publicadas en pantallas informativas durante a feira, facilitando a conexión directa entre empresas e persoas en busca de novas oportunidades laborais.

Compromiso co emprego e o emprendemento local

A Feira de Emprego de Boiro 2025 representa unha oportunidade para conectar talento e oportunidades, e a ABE reafirma o seu compromiso coa creación de emprego, a formación e o impulso do emprendemento local, como ven facendo a través das súas 208 empresas asociadas.

A entidade invita a todos os seus socios, socias e á cidadanía en xeral a participar nun evento que pon en valor o talento local e ofrece ferramentas para o desenvolvemento profesional e empresarial.

Descarga do programa completo da feira en www.boiro.org

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar